Hoxe é Luns 2 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa do Mexillón de Chapela

O Círculo R.C. de Chapela, en colaboración co Concello de Redondela e os Palilleiros de Mos, celebra esta fin de semana a Festa do Mexillón. O sábado 10 e o domingo 11 de agosto no paseo marítimo de Chapela acollerá a festa gastronómica a partir da 13:00 horas do medio día. O prezado bivalvo poderá […]

Concerto Only Cash

O sábado 10 de agosto ás 22:00 horas na Praza da Torre terá lugar o concerto do grupo redondelán Only Cash. Está composto polos anteriores emmbros de 33 RPM no que tocaban versións de  rock, blues e soul internacional. Presentan este novo proxecto que poderemos escoitar por primeira vez dentro da Programación Cultural de Verán […]

Entroido de Verán

Outro dos pratos fortes do mes de agosto, dentro da programación cultural de verán de Redondela, será o Entroido de Verán, que celebra a súa XXV edición o 24 de agosto. A concelleira de Cultura confía en que “tanto a veciñanza como os visitantes disfruten destas actividades, unha programación con música de diferentes e pensada […]

Exposición de Agustina Shuan en Espaço Vivo

O local dedicado á arte e a gastronomía vegana inaugura unha nova mostra de ilustracións coa obra da artista arxentina de Agustina Shuan. Unha deseñadora e ilustradora moi activa, que estará en Redondela o día 28 de agosto ás 20:00 horas para presentar a súa nova obra. Dende a organización explican que se trata dunha […]

XVIII Baixada de Carrilanas de Arcade

A Asociación Veciñal e Cultural Pozovello organiza unha nova edición da Baixada de carrilanas que terá lugar o sábado 31 de Agosto en Arcade de Riba, e que fará as delicias tanto de nenos como de maiores. Ás 11.00 horas terán lugar as verificacións, ás 12.00 horas comezasen os adestramentos e ás 17.00 horas dará […]

Concerto Rondalla de Redondela

A Rondalla de Redondela actúa este sábado 31 de agosto na Praza da Casa da Torre ofrecendo o xa habitual concerto que da punto e final á Programación de Verán do Concello de Redondela. Será a partir das 22:00 horas con entrada libre e de balde. Tocarán, entre outras cousas, pezas de "Cancións vellas con […]

Unidade móbil de doazón de sangue na Praza Ribadavia

A Axencia Galega de Sangue mantén todos os días abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazan dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes […]

Exposición fotográfica de Elías Regueira

O espazo de exposicións do Multiusos da Xunqueira acolle a mostra fotográfica “Diarama” de Elías Regueira, na que recolle máis dunha década do seu traballo voluntario coa ONG redondelá Da Man en Senegal. “Diarama” significa “gracias especiais” no idioma Peul, utilizado por un grupo étnico que vive no país do oeste africano, e no que […]

Inglés na EOI de Redondela

A Escola Oficial de idiomas conta cunha sección no Ies Pedro Floriani que permite a todas as persoas que o desexen achegarse ao inglés en horario de tarde ou incluso clases semipresenciais para aqueles que non poden acudir a todas as clases. A matrícula permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de setembro. Pódese xestionar en […]

Scape room en Redondela

‘Eureka Reto Rural’ chega a Redondela cun escape room que terá lugar o venres 20 de setembro a partir das 20.00 h da Alameda de Castelao. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. O equipo gañador poderá desfrutar […]

Cursos de tai chi

Abre o prazo de inscrición para os cursos de Taichi de balde que organiza o concello. O prazo de inscrición para estes cursos está aberto do 16 ao 25 de setembro nos rexistros municipais. As clases son de balde, e comezarán  o 10 de outubro. Impartiranse en Redondela, Chapela, O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Cabeiro […]

Pazos acolle o espectáculo de “Bandullo Azul”

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén organiza este xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas  co gallo da conmemoración do Día Europeo das Linguas, un espectáculo de artes escénicas a cargo do artista Fran Campos “Bandullo azul”. Un contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "Fazulas e […]