A Rondalla de Redondela actúa este sábado 31 de agosto na Praza da Casa da Torre ofrecendo o xa habitual concerto que da punto e final á Programación de Verán do Concello de Redondela. Será a partir das 22:00 horas con entrada libre e de balde. Tocarán, entre outras cousas, pezas de "Cancións vellas con […]
A Axencia Galega de Sangue mantén todos os días abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazan dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes […]
O espazo de exposicións do Multiusos da Xunqueira acolle a mostra fotográfica “Diarama” de Elías Regueira, na que recolle máis dunha década do seu traballo voluntario coa ONG redondelá Da Man en Senegal. “Diarama” significa “gracias especiais” no idioma Peul, utilizado por un grupo étnico que vive no país do oeste africano, e no que […]
A Escola Oficial de idiomas conta cunha sección no Ies Pedro Floriani que permite a todas as persoas que o desexen achegarse ao inglés en horario de tarde ou incluso clases semipresenciais para aqueles que non poden acudir a todas as clases. A matrícula permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de setembro. Pódese xestionar en […]
‘Eureka Reto Rural’ chega a Redondela cun escape room que terá lugar o venres 20 de setembro a partir das 20.00 h da Alameda de Castelao. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. O equipo gañador poderá desfrutar […]
Abre o prazo de inscrición para os cursos de Taichi de balde que organiza o concello. O prazo de inscrición para estes cursos está aberto do 16 ao 25 de setembro nos rexistros municipais. As clases son de balde, e comezarán o 10 de outubro. Impartiranse en Redondela, Chapela, O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Cabeiro […]
A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén organiza este xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas co gallo da conmemoración do Día Europeo das Linguas, un espectáculo de artes escénicas a cargo do artista Fran Campos “Bandullo azul”. Un contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "Fazulas e […]
A Asociación de veciños de Chapela organiza unha excursión á illa de Tambo A Asociación de Veciños de Chapela organiza o día 29 unha excursión con roteiro guiado á illa de Tambo, que tamén inclúe un percorrido por Combarro e a visita aos xardíns do pazo de Lourizán, en Pontevedra. O prezo é de 37 […]
As visitas son de balde todos os domingos de setembro. O percorrido parte ás 18.00 horas desde o monumento ás ostreiras, na zona portuaria para continuar cara a ponte de Ponte Sampaio, o paseo marítimo de Arcade ou o edificio Carburos que forma parte da Rede Europea de Patrimonio Industrial. As persoas interesadas deben inscribirse […]
Aberto o prazo de inscrición para o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético. O certame ten como obxectivo recoñecer e destacar o traballo dos e das profesionais do xornalismo que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia de xénero, protexendo a intimidade das vítimas e das súas familias. Dotado con […]
As Aulas CeMIT de Redondela e Chapela acollerán nos meses de outubro e novembro cursos totalmente de balde dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos onde abarcarán competencias dixitais. O programa “Campamento Dixital” abarca sesións de 30 horas de formación gratuíta e actividades complementarias online guiadas polas tardes. A aprendizaxe está exposta […]
A Sociedade Cultural do Viso convida á veciñanza de todas as idades a achegarse á música tradicional a través de obradoiros de gaita e percusión tradicional impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, que se impartirá os xoves e venres pola tardiña. Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.