II edición dunha cita que se desenvolverá este sábado 30 de novembro a partir das 19:00 horas na casa do Pobo de Soutoxuste na parroquia do Viso. A Asociación de veciños do Eixo, organizadora do evento, anima á veciñanza a asistir a unha actividade que se vai desenvolve baixo unha gran carpa e na que […]
Até o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas poderán depositar as cartas cos seus desexos nas caixas de correos que a empresa instalou en oficinas repartidas por todo o país, tamén en Redondela. Ademais, nesas oficinas de Correos e en Correos Market poderanse conseguir packs máxicos con cartas, sobres e adhesivos con motivos […]
Rúas e prazas do Concello iluminaranse este xoves día 5 con 895.000 luces led. O acendido, que terá lugar o xoves véspera da ponte de decembro ás 20:00 horas, chegará precedido do espectáculo “Meninas”, un pasarrúas da compañía Yera que percorrerá o centro da vila a partir das sete. Marionetas xigantes cunha estética que lembra […]
O centro cultural de Cedeira celebra este sábado 14 ás 17:30 horas un taller de maxia dedicado aos cativos. A continuación e xa orientado a todos os públicos chegará a actuación do Mago Marcos prevista para as 18:30. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O domingo 15 de decembro o concello de Redondela acollerá unha nova edición de a Papanoelada Moteira. Comezará ás 17.30 horas con saída de todos os participante dende a explanada de Aqualia. Os participantes deberán acudir disfrazados de Papá Noel para realizar un roteiro polas parroquias da localidade.
O Centro cultural de Cedeira acolle o domingo 15 un obradoiro de Coroas de Nadal en horario de tarde de 17:30h a 20h. As prazas están limitadas baixo inscrición previa.
Do 17 ao 24 de decembro nenas e nenos poderán visitar a Casa de Papá Noel que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita serán de 17 h a 19:30 todos os días, agás o día 24 que será en horario será de mañá, de 11 h a 14 […]
A Biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral acolle este martes unha sesión de contacontos con Lía, unha usuaria da propia biblioteca quen será a encargada de animar a grandes e cativos coa súa proposta “Contando no Nadal”. Será este martes 17 ás 18:30 horas orientado a rapazada a partir dos 3 anos. Compre inscribirse […]
O centro cultural e social de Cabeiro saca a poxa a cantina do centro por espacio de catro anos. O contrato de alugueiro entraría en vigor no ano 2025. Poden concorrer a este concurso tanto socios como non socios e persoas que desexen poñer en marcha este servizo independentemente da súa procedencia. As persoas interesadas […]
Un ano máis chega á Biblioteca Municipal a programación do Nadal Total organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso. As actividades desenvolveranse na sala infantil da biblioteca de Redondela e contarán coa contadora Olga Cuervo e a ilustradora Chus Rojo. Os contacontos desenvolveranse o mércores 18 e o venres 20. Dúas sesión ás seis da tarde […]
A selección sub-20 acadaba hai 25 anos un fito histórico: proclamábase campioa do mundo sendo así a primeira selección española en facerse cun mundial de fútbol. Nese equipo atopábase o xogador redondelán Pablo Couñago, quen recibía ademais a Bota de Ouro do torneo. Co gallo deste aniversario o Multiúsos acolle dende o 13 de decembro […]
O concello de Soutomaior celebra un mercado de 2ª man o venres 20 de decembro co obxecto de dar unha segunda vida a eses obxectos que xa non precisamos pero que poden ser de utilidade a outras persoas pro atoparse en bo estado de conservación. Este mercado veciñal e solidario levarase a cabo o día […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.