O sábado 31 de outubro concentrará boa parte das actividades na zona de Cima de Vila e Talo Río, en Arcade. De 17.30 a 19.30 horas celebraranse obradoiros de amuletos de protección, colares de zonchos e talla de calacús, unha oportunidade para achegar ás tradicións e á simboloxía da Noite de Defuntos. Ás 19.30 horas […]
A programación organizada polo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín chegará ao seu remate o domingo 1 de novembro, de 18.30 a 21.00 horas cunha actividade pensada para público adulto. A finca Cafexo-Massó acollerá O que ten cú ten medo II, unha experiencia inmersiva gratuíta dirixida exclusivamente a persoas maiores de 18 anos. A […]
Fogares Creativos, un proxecto para promover novas formas de convivencia e acceso á vivenda A Fundación Formavigo retoma esta iniciativa que inclúe varias xornadas formativas gratuítas e nas que se abordarán alternativas habitacionais, convivencia, apoio mutuo e creación de redes comunitarias. O programa desenvolverase a través de varias xornadas - 19 e 26 de novembro, […]
A asociación de empresarios ten aberto o proceso de selección de alumnado para un novo Programa de emprego para favorecer a inserción laboral feminina. Ao longo de doce meses, as participantes poderán acceder a itinerarios personalizados de inserción, máis de 300 horas de formación especializada, prácticas profesionais en empresas, accións de mentoring e asesoramento para […]
O venres 20 de novembro, ás 19.00 horas, o Multiúsos da Xunqueira acolle un mitin organizado polo Partido Popular que contará coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a deputada Cayetana Álvarez de Toledo; o presidente provincial do PP, Luis López, e o exalcalde de Redondela Javier Bas. Baixo o lema «Redondela ten unha […]
A Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá este venres, 20 de novembro, ás 20:00 horas, o tradicional concerto de Santa Cecilia na igrexa de Reboreda, baixo a dirección de Elisa Arias. O programa incluirá un repertorio variado con pezas como Negra Sombra, O muíño e o río, Reboraina ou Saltariqueira, entre outras.
A música, a cultura popular e a solidariedade volverán xuntarse en Redondela coa celebración do Magosto Solidario organizado por Sinha PACA. A cita será o sábado 21 de novembro na Alameda Castelao, cunha programación que comezará ao mediodía e se prolongará ata a noite con actividades populares, castañas e música, con concertos de Catuxa Salom […]
O BNG organiza o sábado 21 ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Redondela un mitin baixo o lema «Desde Redondela, agora con máis forza!». A formación nacionalista reunirá a súa cabeza de lista ao Congreso, Carme da Silva, xunto ás candidatas María Obelleiro e Xosé Rodríguez e o portavoz municipal, Xoán Carlos González. […]
David Fernández presenta o seu espectáculo “No estoy bien” no Multiúsos O humorista coñecido como o “chikilicuatre” chega a Redondela este sábado 21 de novembro ás 20:30 horas cun espectáculo cuxas entradas poden adquirirse na web ataquilla a un prezo de 17,60 euros. A proposta está enmarcada dentro do ciclo de monólogos Humor na súa […]
A escritora viguesa estará o mércores 25 de novembro, ás 19:00 horas, na libraría Rosalía & Compañía para compartir co público a súa última novel Soños de Lunaria. Coroa de espiño, unha historia de fantasía, amor e rebelión que abre un novo universo literario. O encontro, organizado por GÁLIX, contará coa participación do editor Ramón […]
A imaxe en branco e negro titulada “Entre brétemas” de Patricia Rivero vén de recibir o premio de mellor fotografía no certame anual que convoca o Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy. A instantánea, que combina a néboa baixa cunha paisaxe de monte e a cúspide dunha igrexa, foi a mellor valorada polo xurado das […]
A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase os días 3, 4 e 5 de decembro a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello so tres días. Xoves, […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.