Hoxe é Xoves 19 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

MItin do BNG en Redondela e Chapela

Novembro 21 @ 19:00 - Novembro 22 @ 13:30

O BNG organiza o sábado 21 ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Redondela un mitin baixo o lema «Desde Redondela, agora con máis forza!». A formación nacionalista reunirá a súa cabeza de lista ao Congreso, Carme da Silva, xunto ás candidatas María Obelleiro e Xosé Rodríguez e o portavoz municipal, Xoán Carlos González. O acto estará centrado na presentación das propostas do Bloque para o 29N, coa defensa das clases populares e traballadoras e a mellora das condicións de vida como eixos principais.

O BNG trasladará tamén a súa convocatoria á parroquia de Chapela. Será o domingo 22 de novembro, ás 12.00 horas, no Multiúsos Piñeiral do Crego. Neste caso, o encontro contará co portavoz municipal, Xoán Carlos González, e coas candidatas ao Congreso Jéssica García e Anxo Iglesias. A formación pretende abordar as demandas da parroquia e explicar as súas propostas para reforzar a representación de Chapela nas institucións estatais.

Detalles

Comezo:
Novembro 21 @ 19:00
Remate:
Novembro 22 @ 13:30