Búscanse 100 mulleres para o programa de emprego de AER
Novembro 20 @ 08:00 - Decembro 15 @ 17:00
A asociación de empresarios ten aberto o proceso de selección de alumnado para un novo Programa de emprego para favorecer a inserción laboral feminina. Ao longo de doce meses, as participantes poderán acceder a itinerarios personalizados de inserción, máis de 300 horas de formación especializada, prácticas profesionais en empresas, accións de mentoring e asesoramento para o emprendemento. O programa conta xa co compromiso de colaboración de 49 empresas e aposta por conectar o talento das mulleres coas necesidades reais do mercado laboral, abrindo novas oportunidades de emprego e desenvolvemento profesional na comarca.
As mulleres interesadas en participar poden solicitar información e iniciar o proceso de incorporación a través do portal de da emprego da Asociación de Empresas de Redondela ou na web www.empresasredondela.gal, onde se publicarán os detalles das sesións informativas e dos procesos de selección ou directamente nas oficinas sitas na R/ 8 de Marzo, nº 6-Local 1-Redondela ou chamando ou enviando unha mensaxe ao 986404012.O progra