O Concello de Redondela ten aberto o prazo para que as familias soliciten as axudas municipais de libros e material escolar en Educación Infantil. A subvención está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 5 anos escolarizados nun centro público de Redondela para o curso 2026/27. As familias beneficiarias recibirán un vale […]
A primeira das propostas terá lugar o sábado 11 pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas, cun roteiro polo río Pexegueiro. A saída realizarase desde a piscina municipal e, ao longo dun percorrido de catro quilómetros, as persoas participantes poderán coñecer a riqueza ambiental das marxes do río da man dun guía de Faia Medioambiental. […]
A Sociedade de Agricultores do Viso organiza un obradoiro gratuíto de textos escritos. A actividade, impartida por Xosé Couñago, terá unha duración de 18 horas e abordará a redacción de textos persoais e formais. A actividade arrancará o vindeiro 2 de novembro e impartirase os luns, en horario de 18.30 a 20.00 horas. As persoas […]
O Obradoiro de Cesantes abre o prazo de participación no seu XXI Concurso de Fotografía, que este ano incorpora como novidade unha nova temática dedicada ao patrimonio etnográfico do Concello de Redondela. O prazo para presentar os traballos permanecerá aberto ata o 10 de novembro. Nesta edición, as persoas participantes poderán presentar fotografías na tradicional […]
A programacióndo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín comezará o venres 30 de outubro, de 17.00 a 20.00 horas, coa escape room familiar A pócema do Samaín, na Praza de Abastos de Arcade. A actividade será gratuíta, con 90 prazas distribuídas en quendas de 20 minutos, e estará dirixida a público a partir dos […]
A Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior acolle este venres 30 de outubro ás 18:00 horas unha sesión de contacontos a cargo de Raquel Méndez e Pavís Pavón, dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A actividade comezará ás seis da tarde e servirá como remate dunha proposta que baixo o título […]
A historia de Humberto Baena protagoniza os actos polo Día das vítimas do franquismo en Redondela. Flora Baena, irmá de Xosé Humberto Baena, un dos últimos asasinados polo franquismo no ano 1975, ofrecerá unha conferencia este venres ás 19:00 horas na Oficina de Turismo. A actividade forma parte dos actos organizados dende o Concello de […]
A Coral Casto Sampedro ofrece este venres 30 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira o seu I Concerto de Outono baixo a dirección de María Oliveira da Silva. A formación redondelá estará acompañada no escenario co coro compostelán Sons de Solovio, un pequeno grupo vocal, dirixido por Adela Maroño. As invitacións para asistir están […]
Redondela celebra o sábado 31 de outubro, véspera de Defuntos, a festa do Samaín. Os máis pequenos poderán gozar tanto en Redondela como en Chapela dos obradoiros “Fai a túa cabaza” e “Maquillaxe e tatuaxes de terror”. Os talleres serán nos Multiúsos da Xunqueira e o do Piñeiral do Crego de 17:00 a 20:00 horas. […]
O sábado 31 de outubro concentrará boa parte das actividades na zona de Cima de Vila e Talo Río, en Arcade. De 17.30 a 19.30 horas celebraranse obradoiros de amuletos de protección, colares de zonchos e talla de calacús, unha oportunidade para achegar ás tradicións e á simboloxía da Noite de Defuntos. Ás 19.30 horas […]
A programación organizada polo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín chegará ao seu remate o domingo 1 de novembro, de 18.30 a 21.00 horas cunha actividade pensada para público adulto. A finca Cafexo-Massó acollerá O que ten cú ten medo II, unha experiencia inmersiva gratuíta dirixida exclusivamente a persoas maiores de 18 anos. A […]
A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 13 e o sábado 14 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello ambos os dous días. O […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.