O prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto de vehículos de tracción mecánica do presente exercicio arrancou o pasado 1 de abril e manterese aberto ata o 8 de xuño. Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes. Os contribuíntes que non recibiran […]
A celebración da Feira do libro de Soutomaior arranca o xoves 23 de abril, Día do Libro, ás 20.30 h. na Biblioteca Municipal Luís Seoane co espectáculo de narración oral ‘Non sei se foi verdade ou se o lin nun libro’ de Ángeles Goás. Unha cita destinada a público adulto.
A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle este venres 24 de abril ás 18:30 horas o contacontos infantil "Na busca do tesouro" a cargo de Expresión Producións. Unha actividade aberta a todo o que queira achegarse enmarcada na programación da Semana do Libro organizada polas Biblitoecas Municipais
Presentación do libro de toponimia da parroquia do Viso. Teresa Monteagudo foi a encargada da redacción do texto e impartirá unha charla neste acto presentación que terá lugar hoxe venres 24 de abril ás 19:30h, na Sociedade Cultural do Viso. Haberá reparto gratuíto de exemplares.
O día 25 de abril a programación arrancará ás 10:30h. coa animación de rúa ‘Máis Ritmo’ a cargo de Trío Detrés. No poderán visitarse os stands das editoriais con Antela Editorial, Edimaes, Boadicea Editora, Cuarto de Inverno, Belagua Ediciones, Galaxia, Editorial Elvira, Através Editora, Hércules Ediciones, Cooperativa Gráfica Sacauntos e Aira e diferentes espazos nos […]
O concello de Pazos de Borbén acolle este domingo 26 de abril unha nova actividade de sendeirismo dentro da súa aposta pola divulgación do patrimonio natural e etnográfico. Trátase da andaina Levada de Casqueiros, unha ruta de carácter sinxelo que percorrerá un dos enclaves máis singulares do termo municipal. A actividade partirá ás 10:30 horas […]
Programación da Coca, Mércores 3 de xuño • 18:00 h. Desfile de Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Airiños de San Simón. • 19:30 h. Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela na Praza do Concello. • 20:00 h. Lectura do pregón por Carla Abad Alonso, Relevo das Penlas, Homenaxe ás/aos Alfombristas, Danza das […]
Programación Coca, Xoves 4 de xuño • 11:00 h. Traslado da Virxe “A Gabacha” desde Vilavella á Igrexa de Santiago, coa Danza das Espadas, as Penlas e a Banda de Música de Redondela. • 12:00 h. Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, Xigantes e Cabezudos con Son do Castro. • 12:00 h. Misa Maior […]
Programación Coca, Venres 5 de xuño • 10:30 h. Alborada coa Banda de Música Municipal de Redondela. • 11:30 h. Retorno da Virxe “A Gabacha”. • 18:00 h. Deporte: Balonmán na Rúa na pista da Xunqueira e Alameda. • 20:00 h. Redondela Rock no Campo da Feira coas actuacións de: El Drogas, Los Ásperos, Chocolate […]
Programación Coca, Sábado 6 de xuño • 11:00 h. Alborada coa Banda de Música de Arcade. • 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Arcade na Alameda de Castelao. • 22:00 h. Concerto da Orquestra Los Players no Campo da Feira. • 01:00 h. Concerto de Marc Seguí no Campo da Feira. • 02:30 […]
Programación Coca, Domingo 7 de xuño • 10:00 h. Alborada coa Banda de Música de Chapela. • 12:00 h. Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños co grupo O Carballo das Cen Pólas. • 12:00 h. Misa na Igrexa de Vilavella. • 13:00 h. Procesión en Vilavella, Danza das Espadas e das Penlas e Baile […]
A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o xoves 11 e o vernes 12 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello ambos os dous días en […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.