Desfile de comparsas de Redondela
O Entroido de Redonela ofrece o domingo 3 de marzo as tradicionais Comparsas que partirán ás 18:00 horas dende o Campo da Feira. A entrega de premios será ás 20:30h nas inmediacións da Casa do Concello de Redondela.
O Entroido de Redonela ofrece o domingo 3 de marzo as tradicionais Comparsas que partirán ás 18:00 horas dende o Campo da Feira. A entrega de premios será ás 20:30h nas inmediacións da Casa do Concello de Redondela.
A compañía Juanito e Filomena actúa no Auditorioa da Xunqueira co seu espectáculo 'Revolta'. O prezo ofrecido polo concello de Redondela é reducido e o abono só é de 3 euros. RESUMO DE REVOLTA Os primeiros prehistoriadores, que só eran homes, pensaron que nese período ocorría o mesmo que na súa sociedade, é dicir, que […]
A programación de inverno entrelázase coa Programación do 8M para ofrecer "actividades en igualdade" durante un período máis longo de tempo e non reducir as reivindicacións só a un día. Por iso, o Concello de Redondela ofrece unha sesión vermut musical a cargo de Su Garrido na Praza da Constitución con entrada de balde.
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, acolle o xoves 14 o contacontos “”Vamos ao recreo”, de Trémola Teatro. Nesta historia, recomendada para público infantil e familiar, unha nena revoluciona o patio do cole onde rapazas e rapaces debían xogar separados. Ás 18.30 horas, entrada de balde.
A artista redondelá 'Noite' ofrece unha actuación musical do seu traballo en solitario para a programación do 8M que continúa ao longo do mes de marzo para reivindicar a loita pola igualdade de forma ampla e transversal.
O Ciclo de Teatro Infantil afianzase un ano máis na programación de inverno do Concello de Redondela. O 17 de marzo o artista Paco Nogueira actúa no Auditorio da Xunqueira co seu espectáculo 'C@nto Contigo'. O prezo é reducido e o abono ten un custe de 3 euros. RESUMO DE C@NTO CONTIGO Un espectáculo polas […]
O centro cultural de Reboreda celebra o Día do Pai cunha actuación de maxia para toda a familia o domingo ás 18:00 horas. O espectáculo leva pro nome Charlie Braun e a fábrica de soños.
O centro cultural de Cedeira celebra este domingo 17 a homenaxe polo día do pai coa presentada do acordeonista Manuel Olegario quen ofrecerá un concerto ás 18:30 horas. A continuación actuará a Coral Polifónica A Raiña quen ofrecerá un recital coas súas últimas obras. A entrada será libre ata completar o aforo.
Nesta cuarta edición as Xoradas Gemma Pereira Otero ofrecerán formación sobre a Xestión de Redes Sociais no Comercio Local. A actividade está dirixida a autónomas e pequenas empresarias, especialmente do comercio local, “que demanda ao Concello este tipo de formación para poder seguir medrando cos seus negocios”. Serán os días 18, 19, 20 e 23 […]
A biblioteca de Chapela celebra este 21 de marzo ás 20:00 horas o Día Mundial da Poesía en compañía da escritora e artista Andreia Costas, nunha tarde na que ademais de presentarnos o seu último libro: "Magnolia punk e outras arritmias" fará homenaxe a unha das súas referentes: a poeta Xela Arias, que da nome […]
O concello de Redondela organiza unha xornada de ecoturismo e a educación ambiental. A primeira das xornadas “Pedaleando tralas últimas aves migratorias” é unha ruta en bicicleta pola Portela para coñecer de preto as aves limícolas, a súa historia e a sensacións da posta de sol. Será o sábado 23, de 10.30 a 12.30 horas, con […]
Petiscos en Igualdade é unha proposta da Concellería de Igualdade do Concello de Redondela no que preténdese alongar as actividades reivindicativas do 8M no mes de marzo para continuar cunha concienciación ampla e transversal. Nesta sesión de música ao aire libre actúa Zousaxmas de balde na Praza da Constitución en horario de "Vermut".