Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ciclo de teatri infantil: C@nto contigo de Paco Nogueiras

Marzo 17 @ 18:00 - 19:30

O Ciclo de Teatro Infantil afianzase un ano máis na programación de inverno do Concello de Redondela. O 17 de marzo o artista Paco Nogueira actúa no Auditorio da Xunqueira co seu espectáculo ‘C@nto Contigo’. O prezo é reducido e o abono ten un custe de 3 euros.

RESUMO DE C@NTO CONTIGO

Un espectáculo polas cancións dos traballos Brinca Vai, Radio Bulebule e Extra. Acompañado dos seus instrumentos, o recoñecido e premiado Paco Nogueiras fará un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Neste “Grandes éxitos” hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Sacaremos a nosa lingua a voar de xeito divertido.

C@nto contigo viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Así que… colle aire, saca o teu mellor sorriso e… cantemos!

Detalles

Data:
Marzo 17
Hora:
18:00 - 19:30