O Centro Cultural propón para este mes de outubro dúas fins de semana cargadas de teatro para todos os públicos. A primeira das propostas será este domingo 22 co grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior quen repesenta a obra “A pequena cabana”. A representación será ás 18:30 horas con entrada de balde.
A Federación de Anpas de Redondela pon en marcha unha escola de pais e nais que busca ser un espazo no que reflexionar, comprender e atopar ferramentas para acompañar aos fillos e fillas nesa etapa dun xeito máis saudable e satisfactorio. Convocan a todas as persoas interesadas a achegarse a unha actividade que arrancará o […]
Co gallo da celebración o vindeiro martes 24 de outubro do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Xela Arias convida ao seu público lector a un espectáculo que leva por nome "Onde viven os monstros", unha obra de títeres da man de Carmen Domech. Orientado a público familiar a actividade será o martes da vindeira semana […]
Luis Gonzalo Segura presenta o libro “La trampa Ucraniana” O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 27 ás 20:00 horas a presentación dun novo libro do ex tenente Segura no que o autor fai unha análise dos motivos que estarían detrás da guerra entre Rusia e Ucraína, unha versión completamente diferente da “oficial” defendida dende […]
A parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén, celebra este sábado 28 de outubro as súas tradicionais festas na honra da Inmaculada Concepción, a Virxe das Dores e da Esperanza. Os actos previstos arrancarán ás 12:30 horas coa misa solemne seguida de procesión, acompañada pola Banda de Gaitas O Son da Pedra quen interpretará un […]
O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle este sábado 28 de outubro un magosto popular organizado pola Asociación de Veciños e Chapela en colaboración co Concello. Castañas de balde este sábado a partir das 17:00 horas en Chapela
O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle a IV edición do Festival Casto Sampedro de Redondela. Un encontro de música tradicional que contará a partir das 19:30 horas coas actuacións dos grupos O Carballo das Cen Pólas, Arrancaxestas de Ribadelouro e Cerne.
O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 29 o Escape Room Especial Samaín. Libera á pantasma! Polo Samaín as pantasmas quedan atrapadas no Multiusos as pequenas e pequenos deberán ser quen de liberalas resolvendo unha serie de crebacabezas, empregando contrasinais, combinacións e estratexias para completar este gran reto. Haberá 2 salas para este espace room […]
O Centro Cultural de Cedeira acolle este domingo 29 de outubro unha nova proposta teatral que correrá a cargo do grupo A Cividade de Mos. Porán en escena a obra “Amor, diñerio e saúde” chea de humor e risas. A entrada é de balde ata completar o aforo. Unha actividade que conta coa colaboración da […]
O martes 31, o programa Outono Aventura de Soutomaior súmase á celebración do Samaín cunha xincana moi especial. Unha cita destinada a mozas e mozos de 14 a 17 anos onde percorrerán as rúas de Arcade gozando dunha actividade deportiva e lúdica con contido Sumían.
A Asociación de veciños de Santo Estevo de Negros, tralo éxito do ano pasado volven organizar para o día 31 dúas saídas pola parroquia. Os máis pequenos poderán participar dunha ruta que sairá do centro cultural ás seis da tarde en dirección o Regueiro, subida o Piñeiro, baixada cara Chan, camiño Magariños e regreso cunha […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.