Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Seso Durán

O  redondelá de adopción, Seso Durán, leva na escena musical desde os anos 90. Foi integrante e compositor no grupo folk Liorna e tras 10 anos afastado dos escenarios, nos que centrou a súa actividade profesional na docencia da música, en 2017 debutou en solitario co disco Son da Memoria.

O primeiro disco falaba dos estragos da Guerra Civil en Galicia. Agora presenta “Ascensión”, un traballo que supón a súa consolidación como músico en solitario e que fala da súa perspectiva da sociedade actual. Un cambio de paradigma, pois o seu primeiro disco falaba do pasado e agora decantase por falar do presente  de forma íntima intimista e cargada de sentimento. Trata temas como o cambio climático ou a crise social que provocan as redes sociais e a tecnoloxía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Facendo Camiño

Facendo Camiño é unha asociación sen animo de lucro dedicada á organización de actividades socio/deportivas de diferentes tipos, enfocado ao colectivo LGTBIQ+, tendo o sendeirismo e as andainas como actividade

Escoitar audio »

Carreira de fondo: Laura Nogueira

Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos coa xornalista  Laura Nogueira (Redondela), graduada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Falamos do seu proceso académico e o

Escoitar audio »