Naturais, elaborados co leite das vacas da súa propia granxa e con sabores tan galegos como o licor café, a torta de Santiago ou o viño da Ribeira Sacra. Así son os xeados de Xeou!, unha marca que naceu en Portomarín en 2019 da man dunha cooperativa agraria familiar. Manuel Arias pensa que é un erro imitar en Galicia a industria láctea intensiva de países como Holanda, e que os gandeiros do país deben apostar por darlle valor engadido ao seu leite.

A Asociación Española Contra o Cancro chama á prevención do cancro de mama e á participación na marcha solidaria de Vigo
A delegación provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) prepara unha edición de Vigo en Marcha Contra o Cancro, unha carreira e andaina solidaria que se celebrará o vindeiro

