Menos carne e lácteos e máis legumes e peixe, esa é a receita da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición para unha dieta saudable. Falamos desta recomendación con Rosana Alonso, terapeuta nutricional consciente. Asegura que incorporar estes cambios á nosa alimentación mellorará a nosa saúde e tamén a do planeta, xa que minimiza o impacto ambiental.

Carlos Martínez Movilla (Soutomaior) ponlle música ao Ano Santo Compostelán 2027
Foto de Carlos Martínez Movilla O músico galego e natural de Soutomaior, Carlos Martínez Movilla, será o encargado de poñer banda sonora ao próximo Ano Santo Compostelán coa canción Un

