A asociación ecoloxista Amigos da Terra vén de poñer en marcha nas redes sociais a campaña #RetoResiduoCero para sensibilizar á cidadanía e achegar consellos para reducir o lixo que xeramos. Patricia Iglesias fálanos desta campaña que busca tamén presionar ao goberno para poñer en marcha unha lei de residuos que poña o foco na prevención e a reutilización.

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

