A Asociación de Empresarios de Redondela impulsaun grupo de traballo de cara a planificación e promover a actividade turística no municipio. Dadas as características específicas dos municipios do fondo da ría, apostan por darlle ao sector “un enfoque comarcal” e configurarse cunha “identidade propia” dentro do xeodestino Ría de Vigo. O presidente do colectivo, Enrique Lago, pon o foco na necesidade de favorecer un turismo “sustentable, afastado das masificacións” para conservar o gran patrimonio natural da ensenada de San Simón, entre outros recursos.

Literatura nas ondas: novas editoriais que apostan pola calidade e a literatura incómoda
Mª José Villar, dende a Biblioteca de Chapela, fálanos de dúas propostas que teñen en común seren apostas de novas editoriais. “Hecha a si misma” un comic de Alicia Martín