Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Proxecto Ríos

Proxecto Ríos organiza unha xornada de formación sobre os cursos fluviais en Soutomaior

Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA, promove un curso de formación para persoas interesadas no coñecemento e coidado dos nosos ríos. Terá lugar no IES de Soutomaior o sábado 28 de setembro desde as 10:00 ata as 14:00 horas. Falamos coa educadora ambiental María de Lafuente sobre o desenvolvemento desta xornada.

Nesta xornada coñeceremos a aplicación do Proxecto Ríos como  proxecto de aprendizaxe nos centros de ensino. Faremos tamén unha recollida e identificación de macroinvertebrados bioindicadores dos cursos fluviais, empregados polo voluntariado do Proxecto Ríos para determinar a calidade ecolóxica dun río.

O programa será o seguinte:

9:50 h-.Recepción de participantes 

10:00 h-. Presentación do Proxecto Ríos e entrega de material. Persoal do Proxecto Ríos

10:30 h-. O Proxecto Ríos como proxecto de aprendizaxe nos centros de ensinoAndrea Vázquez e Susi Veiga, profesoras de Física e Química do IES Pontecaldelas

11:15 h-. Descanso

11:30h-. Saída ao río para recollida de macroinvertebrados

12:30h-. Identificación de macroinvertebrados. Alejandro Polina, entomólogo e investigador do grupo de Bioloxía ambiental da Universidade de Vigo

14:00h-. Peche do curso

O curso é gratuíto, mais é preciso inscribirse a través do seguinte formulario: https://forms.gle/YKGYbNoHUPbk2rMS8

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp