Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Pracer dende o respecto con Señora Placerful

Música de Pálida

Presentamos unha nova entrega da sección ‘Outro mundo é posible’ na que nos acompaña María García  ou Señora Placerful, activista do pracer’ facilitadora do obradoiro de SEXUALIDADE E SAÚDE SEXUAL: O PRACER DENDE O RESPECTO E O AUTOCOÑECEMENTO dentro do Ciclo de Saúde Feminina da programación do Día Internacional da Muller do Concello de Redondela.

Este ciclo comeza o 9 de marzo e remata o 13 de abril. O obradoiro impartido por María García terá lugar o 16 de marzo ás 10 horas na Oficina de Turismo de Redondela (Rúa Isidoro Queimaliños, 2, 36800 Redondela, Pontevedra). Contará coa colaboración de Raquel Doallo, creadora da “iniciativa aopaso” e un dos obxectivos é “crear un espazo seguro onde as mulleres poidan compartir con outras e expresar de xeito libre e respectuoso as vivencias relacionadas cos seus corpos e a súa sexualidade”.

María García, a “Señora Placerful, activista do pracer” é licenciada en Socioloxía e traballou máis de 10 anos en diferentes países, no ámbito da cooperación internacional, como especialista en dereitos humanos, xénero e migración. Actualmente dedícase á educación inclusiva e transformadora. É Coach individual, experta en Neurociencia aplicada ao Coaching, Mestra en Terapia de Reencontro, Diplomada en Saúde Sexual e Reproductiva das Mulleres, e Educadora Sexual Somática.

Instagram: @senhora.placerful

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Carreira de fondo: Laura Nogueira

Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos coa xornalista  Laura Nogueira (Redondela), graduada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Falamos do seu proceso académico e o

Escoitar audio »

A voz emerxente: Seitura

A banda punk rock Seitura , gañadora do concurso de maquetas do Millo verde, estará no festival redondelán o venres 7 de xuño xunto con outros grupos do panorama galego

Escoitar audio »