Esta semana achegámonos ao Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. A produción baixou moito na última década, malia contar con máis colmeas. A presidenta da entidade, Esther Ordóñez, apunta ao cambio climático como un dos principais factores desta situación. As choivas torrenciais e as elevadas temperaturas prexudican á floración e, polo tanto, o traballo das abellas e dos apicultores. Ordóñez advirte que este fenómeno non afecta só aos produtores, senón tamén ao medio ambiente e á poboación en xeral “ao reducirse a biodiversidade”. Fai un chamamento a administracións e consumidores para que apoien a apicultura galega xa que as abellas e os apicultores fan un gran traballo no ecosistema galego: “o mel pode importarse, pero a polinización non”.

Literatura nas ondas: A Biblioteca de Chapela celebra o Día das Letras Galegas
Mª José Villar achégase aos micrófonos da Radio Municipal para falarnos das actividades que se van desenvolver na Biblioteca Xela Arias nas vindeiras xornadas. Citas que conmemoran as Letras Galegas