O Consello regulador de agricultura e pesca ecolóxica de Galicia (Craega) sinala que as ventas de produtos con selo ecolóxico multiplicáronse por 60 nos últimos dez anos. En Algamar, empresa situada en Pazos de Borbén, son pioneiros na recolección e procesado de algas co selo ecolóxico. Desde hai 25 anos están especializados na comercialización de algas galegas, e apostan por unha actividade que minimice o impacto ambiental. Por iso xeran enerxía con placas fotovoltaicas e caldeiras de biomasa. Falamos co redondelán Fermín Fernández, xerente de Algamar.

Carlos Martínez Movilla (Soutomaior) ponlle música ao Ano Santo Compostelán 2027
Foto de Carlos Martínez Movilla O músico galego e natural de Soutomaior, Carlos Martínez Movilla, será o encargado de poñer banda sonora ao próximo Ano Santo Compostelán coa canción Un

