Falamos con José Antonio Fernández Bouzas, director e conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sobre os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo Life Insular. Conversamos sobre os avances feitos ata o de agora e os obxectivos de cara ao futuro na preservación da biodiversidade das illas e a eliminación de especies invasoras.

Capítulo especial de En PAC(k) sobre o hantavirus
A médica residente do Centro de Saúde de Redondela, Bea Gómez, conversa neste episodio especial do podcast En PAC(k) con Alicia Tizón sobre o hantavirus, unha zoonose grave transmitida por

