Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Impacto ambiental de Altri

A organización ecoloxista Adega sostén que Altri, a empresa que proxecta unha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei e que captará auga do pantano de Portodemouros (onde tamén verterá os seus residuais) ocultou información sobre o seu impacto ambiental. A consideran unha “macrocelulosa disfrazada de fábrica téxtil verde”. Falamos con Fins Eirexas da, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza sobre os datos reais recompilados pola asociación que demostran o seu verdadeiro impacto ambiental e económico en Palas de Rei e a contorna. Recalcando que este “é un asunto que afecta a toda a cidadanía e que a información é a única forma de poder tomar unha decisión con xuízo”. Continúan, xunto coa Plataforma por unha Ulloa Viva, no proceso de divulgación e presentación de alegacións ante o Tribunal de Xustiza para tratar de frear este “desastre ecolóxico e social”. Na entrevista, Eirexas, detalla todos os puntos  ter en conta.

Dende ADEGA ofrecen na páxina web un modelo para que a xente poida presentar as súas propias alegacións antes do 17 de abril.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp