Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible. Educar nas emocións.

O IES Chapela acolle o vindeiro día 11 de outubro a presentación da Escola de Familias. Un espazo para que nais, pais e mestres poidan aprender técnicas coas que “guiar” no seu camiño a nenas, nenos e adolescentes. Patri Do Camiño explica que se trata de dar “ferramentas ás familias” para mellorar a súa relación cos menores baseándose na intelixencia emocional. Na presentación participará o psicólogo Daniel Novoa, especialista en infancia e adolescencia. As actividades comezaron o curso pasado por iniciativa da ANPA do CEIP Laredo, e neste curso participan todos os centros educativos de Chapela, pero están abertas a familias de toda a contorna. A Escola de Familias desenvolveranse ao longo de todo o curso, un sábado ao mes. As actividades son de balde e precisan inscrición previa.

Escoita aquí o programa completo coa entrevista a Patri Do Camiño
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp