Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: CNIO – Descubrimento dunha posible orixe da ELA

“Outro mundo é posible” é o nome da sección na que falamos de problemáticas e posibles solucións a asuntos que nos afectan a toda a cidadanía. Nesta entrega contamos con Óscar Fernández-Capetillo xefe do Grupo de Inestabilidade Xenómica do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) de España. Falamos sobre os resultados da última investigación na que traballa onde os experimentos realizados indican a posible existencia de novas vías para buscar tratamentos e unha causa para a enfermidade ELA.

A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade dexenerativa da que neste momento se descoñecen as causas e non hai tratamento eficiente. Fernández-Capetillo explica que deron un novo paso no  coñecemento da enfermidade e identificaron a acumulación de ‘proteínas lixo’ como posible orixe da ELA e causa de envellecemento.

En Galicia existen entidades que facilitan ao enfermo axuda e información como AGAELA.

Artigo de investigación publicado en Molecular Cell:

“O traballo achega a primeira evidencia de que unha posible causa do tipo hereditario de ELA –a ELA familiar– é a acumulación nas neuronas motoras de ‘proteínas lixo’, proteínas sen ningunha función que se acumulan indebidamente e impiden o funcionamento correcto da célula… En concreto, estas proteínas non funcionais que se acumulan son proteínas ribosomales, que normalmente constitúen os ribosomas, factorías moleculares encargadas da produción de proteínas”, explica un comunicado do CNIO.

Acumulación de “proteínas lixo”: Células normais (esquerda) e células sometidas para o efecto da proteína tóxica rica en arginina (dereita). Nesta increméntanse as proteínas ribosomales (verde fluorescente) e o tamaño dos nucléolos (vermello). Crédito: CNIO.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Seitura

A banda punk rock Seitura , gañadora do concurso de maquetas do Millo verde, estará no festival redondelán o venres 7 de xuño xunto con outros grupos do panorama galego

Escoitar audio »