Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible. ASDAN, deporte e ocio para persoas con diversidade funcional.

Co gallo da celebración do Día da Diversidade Funcional, a asociación Andaina premia á entidade social e deportiva ASDAN. Levan case dez anos organizando actividades deportivas e de ocio co obxectivo de acadar “a integración total”. A maioría dos seus usuarios son de Redondela, e practican disciplinas como o fútbol sala, natación, pádel, ciclismo, baloncesto ou atletismo. Tamén organizan actividades de sendeirismo e ofrecen xornadas de “respiro” para as familias. Hoxe falamos co seu presidente, Francisco Javier Somoza Pires, quen demanda máis axuda económica das administracións.

Escoita aquí a entrevista completa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp