Fedepesca, a patronal das peixerías, ten en marcha unha campaña informativa sobre a normativa existente en canto aos materiais que poden utilizarse no envasado do peixe e marsico, e tamén o xeito correcto para que os consumidores o reciclen nos fogares. En moitos casos son envases feitos en material recicable, en ocasións xa reciclado, pero tamén hai bandexas biodegradables ou compostables. Desta campaña fálanos María Luisa Álvarez, directora xeral de Fedepesca.

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

