Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Animais Sen Fronteiras

O responsable da protectora Animais Sen Fronteiras, Diego Díaz González, fai un chamamento a cidadanía para axudar na esterilización dos felinos, fundamental para controlar a poboación e protexer a fauna autóctona. De todo isto falará maña, venres 15 de decembro, nunha charla informativa programada ás 19 horas da tarde na Casa da Cultura.

Desde o ano 2019 púxose en marcha o programa de castración das colonias felinas e tamén desde o pasado verán unha novidosa campaña de adopción en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente. Para que este plan municipal funciona precisan que a xente colabore, porque os recursos son limitados para chegar ata os  10.000 gatos en colonias nas rúas.

Dende o Concello están traballado nese eido, pero sobre todo o que se busca é concienciar para que a veciñanza non abandone e adopte. Neste sentido xa se logrou a adopción dun total de 27 gatos, animais que foran abandonados e que acabaron en mans do concello quen se encargou de xestionar a súa saída de cara a familias responsables

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp