Hoxe é Mércores 17 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Andreia Costas

Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, Compostela Diversa recolle unha serie de accións e actividades para facer en Santiago de Compostela. Alí a poeta redondelá Andreia Costas Otero foi galardoada co primeiro premio do IV Certame de Poesía LGBT+ de Avante LGBT+ Compostela. Falamos con ela da peza gañadora “EURÍDICE DIXIT”, da súa poderosa mensaxe sobre a bisexualidade e de como é “saír do armario literario”.  Un exemplo de diversidade no mundo da arte, con moito percorrido e historias que contar.

A argumentación do xurado para concederlle o galardón foi a seguinte:

“Polo diálogo entre xéneros, misturando teatro e poesía. E pola revisión dun mito clásico, dende o humor e a forma. Introduce un léxico diverso e orixinal, propoñendo novas palabras híbridas. Demostra un traballo extenso de investigación e de edición do propio documento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Antoni Gaudí

Cando se cumpren 100 anos da morte deste arquitecto irrepetible achegámonos a súa historia e a súa obra. Manuel Álvarez no espazo #cousasdehoxe achéganos á historia dun home obsesionado coa

Escoitar audio »