Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: I Congreso Internacional de Consumo. Alimentación, sustentabilidade e calidade

A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración con outras entidades, organiza, en Santiago de Compostela, o I Congreso Internacional de Consumo. Este evento, que será inaugurado polo conselleiro de Mar, Alfonso Villares, estruturarase ao redor de tres sesións nas que se analizarán o consumo de produtos do mar, na mañá do xoves 30 de novembro; e os alimentos de calidade diferenciada, o xoves pola tarde. Falamos con Miguel López, organizador do evento e Secretario Xeral da UCGA, sobre o impacto deste tipo de eventos e a necesidade de xerar un diálogo entre a administración, os consumidores e a industria.
 Están convocadas máis de 50 persoas expertas e profesionais para analizar e debater sobre o consumo de produtos do mar, a calidade diferenciada e a sustentabilidade no sector da alimentación. Ademais, promoverase o diálogo e o intercambio de ideas con mesas redondas nas que participarán unha ampla diversidade de entidades e empresas, como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Fundación Cetmar, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Intereco, Fundación Española de Nutrición, Congalsa, Fedepesca, Vegalsa-Eroski, GADISA, FROIZ, Ecoembes e Conxemar, entre outras.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp