Hoxe é Martes 8 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Luís Cuntín (parte II)

Onda Torrella ofrece hoxe a segunda parte do episodio especial no que Fon Conde e Alicia Tizón conversan con Luís Cuntín, creador e voz de Tempo de Jazz. Deste xeito, completamos o crossover entre dúas das seccións de Radio Redondela, despois da colaboración con Jaime Sánchez de AntroPop.
Nesta segunda entrega, Luís Cuntín completa as seis cancións da súa selección musical, despois de compartir tres delas na primeira parte. A súa escolla musical segue sendo o fío condutor dunha conversa na que descubrimos novas facetas da súa traxectoria e da súa relación coa música e coa cultura.
O jazz está presente na playlist, pero pedimos ao experto que tentara afastarse deste xénero para coñecer outras facetas da súa vida e acaba sorprendendo coa selección.

E si, naceu en Santiago en 1960, pero leva media vida moi vinculado a Redondela. Foi director técnico do Obradoiro de Socioloxía durante quince anos, profesor na universidade e en 2022 publicou o seu primeiro poemario, O caderno de Daia (Chan da Pólvora), un libro que comezou a escribir cando era un rapaz.

Ademais, colaborou con Arturo L. Regueiro en varios espectáculos que mesturan poesía e jazz, e sempre estivo moi metido na vida cultural da vila: SOAR, Tanxarina e un longo etcétera. Desde o 2001 dirixe e presenta Tempo de Jazz.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp