Hoxe é Domingo 25 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Literatura nas ondas: Día das escritoras

Co gallo da conmemoración do Día das Escritoras 2026, as Bibliotecas Municipais de Redondela alíanse con Radio Redondela para emitir a través das ondas unha selección de poemas, cartas e fragmentos literarios de autoras do histórico Lyceum Club Femenino, institución á que está adicada a celebración deste ano.

Mª José Villar, Biblioteca de Chapela

Baixo o lema “As amigas como forma de liberdade”, esta iniciativa protagoniza a XI edición da efeméride literaria poñendo o foco nas redes de apoio entre mulleres. A emisión radiofónica contará coas voces de lectoras dos clubs de lectura de Redondela e Chapela, quen serán as encargadas de poñerlle voz aos textos de escritoras que quedaron silenciadas ou pouco visibilizadas no canon literario:   

    A escritora Pilar de Valderrama, na voz de Alba
A escritora Zenobia Camprubí, na voz de Amalia
    A escritora Mª Teresa León, na voz de Andrea
A escritora Rosario de Lacy, na voz de Deborah
A escritora Magda Donato, na voz de Dora
A escritora Elena Fortún, na voz de Karina
A escritora María Lejárraga, na voz de Lorena
A escritora Isabel Oyarzábal, na voz de María
A escritora Alicia Ortiz Alonso, na voz de Tini.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp