Hai películas que, por moito que pase o tempo, nunca perden a súa maxia. Amélie, a inesquecible película de Jean-Pierre Jeunet, é unha delas. Cúmprense 25 anos desde que esta soñadora parisiense conquistou o público e converteu a Audrey Tautou nunha icona do cinema francés. Un cuarto de século despois, segue a namorar espectadores de todo o mundo, con esa mestura de tenrura, fantasía e pequenos detalles cotiáns que a fan única.
Hoxe celebramos os 25 anos dunha película que nos ensinou que, ás veces, os pequenos xestos poden cambiar unha vida e facémolo coa voz de Manuel Álvarez no espazo #cousasdehoxe


