Falamos con Xulia Feixóo do libro-disco “Concha do Canizo”, editado por Central Folque, onde recolle o traballo da tocadora de pandeiro cadrado. “Concha alterna os golpes coa man dereita e coa man esquerda, fai ritmos moi virtuosos, movendo os dedos con moita rapidez. O seu estilo é delicado e extremadamente virtuoso, pódese comparar co encaixe de Camariñas”, explica Feixóo nesta entrevista realizada en colaboración con Radiofusión.

Onda Torrella: XIX Festival Millo Verde 2026
Un ano máis, Juan e Lucía achéganse a Onda Torrella para falar da programación do Millo Verde e adentrarnos na súa música, cartel e curiosidades. Nesta nova entrega do podcast

