Nova entrega do “Reto Radio Lector” con Margarita Cabaleiro quen se achega á Radio Municipal para deixarnos dous títulos e dous autores que forman parte da historia universal.
“La loca de la casa”, obra de teatro de Benito Pérez Galdós ambientada na Barcelona do último tercio do século XIX.
“La inquilina de Wildfell hall” novela epistolar, segunda e última da escritora inglesa Anne Bronte publicada por primeira vez no ano 1848 e considera unha das primeiras novelas feministas.
Dous textos que, malia o paso do tempo, non teñen perdido vixencia, segundo nos explica Margarita Cabaleiro.

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

