Arranca o “Reto Radio Lector con Beatriz Castro Rodríguez, quen se achegou aos micrófonos da Radio Municipal para deixarnos dúas recomencións infantís “O monstruo das cores” de Anna Llenas Serra e “Nos tratamos bien” de Lucía Serrano.
Beatriz falounos tamén do contacontos que o pasado venres tiña lugar na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Dúas actividades promovidas dende as Bibliotecas Municipais.

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

