Mª José Villar, dende a Biblioteca de Chapela, fálanos de dúas propostas que teñen en común seren apostas de novas editoriais. “Hecha a si misma” un comic de Alicia Martín Santos editado por Aristas Martínez e “Las vidas secretas de las esposas de Baba Segui” de Lola Shoneyin publicado pola editorial Libros de las malas compañías dentro da súa colección Libros del Baobab.

Ángel Filgueira consegue levar Handen a Rotterdam
O director redondelán Ángel Filgueira (@angel.filgueira.g) recibiu no ECAM Forum de Madrid o premio IFFR Rotterdam para o seu proxecto Handen, o que lle abre as portas ao mercado de

