Hoxe é Domingo 27 de Xullo de 2025

Literatura nas ondas: Libros orfos

As bibliotecas poñen en marcha a campaña “Libros orfos”, unha proposta que busca conmemorar dun xeito diferente o Día das bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro, recuperando aqueles libros que están a disposición dos usuarios e usuarias das bibliotecas e que, malia o seu interese e a súa calidade literaria, pasan desapercibidos.

A elevada produción literaria a día de hoxe fai imposible ler toda a oferta existentes, sobre todo nos últimos anos  cunha velocidade editorial inaudita. Co obxecto de recuperar algúns deses títulos, que vale a pena ler malia que non sexan novidades, as Bibliotecas sacan estes días un centro de interese cargado de libros que propoñen aos lectores e que están afastados da “febre da actualidade” dando a oportunidade a eses títulos a perdurar no tempo.

Mª José Villar achéganos algúns exemplos:

“Carmilla”, o clásico vampírico de Joseph SheridanLe Fanu

“Bilbao-New York-Bilbao” de Kirmen Uribe.

“Una chica es una cosa a medio hacer” de Eimear McBride

“El buen antepasado” de Roman Krznaric

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: