A proposta desta semana pasa por varias novelas nas que se fala das coidadoras e coidadores: “Coidadora”, de María Marco e “Llévame a casa”, de Jesús Carrasco. Tamén de libros que tratan da importancia de coidarnos a nós mesmos: “Yoga” de Emmanuel Carrere e “Hombres que caminan solos”, de José Ignacio Carnero. Por último, o cómic “Monstruosa Mente” no que Alfonso Casas narra con humor como nos enfrontamos aos nosos monstros particulares. Son as recomendacións de María José Villar, da Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Ángel Filgueira consegue levar Handen a Rotterdam
O director redondelán Ángel Filgueira (@angel.filgueira.g) recibiu no ECAM Forum de Madrid o premio IFFR Rotterdam para o seu proxecto Handen, o que lle abre as portas ao mercado de

