Lembramos un dos grandes compositores de bandas sonoras da historia: Ennio Morricone. Compositor e director de orquestra italiano foi quen de poñerlle música a máis de cincocentas películas e series de televisión con títulos tan relevantes como “O bo, o feo e o malo”, “A misión” ou “Cinema Paradiso”. Nacía un 10 de novembro de 1928 en Roma. De súa vida pero sobre todo, da súa música fálanos Manuel Álvarez Moreira no espazo Cousas de hoxe.

Farmacia de Garda: Crise de subministración de terapia de substitución hormonal
Nova entrega do espazo «Farmacia de garda» na Radio Municipal de Redondela. Como cada mes, recibimos nos nosos micrófonos unha profesional farmacéutica do noso concello para abordar cuestións relacionadas coa

