O 5 de xullo de 1946, un enxeñeiro francés, Louis Reard, presenta en París o bikini, atrevida peza que revolucionaría o mundo da moda. Reard herdara unha tenda de lencería preto do Folies Bergère e as súas clientas comentábanlle que as mulleres que ían á praia dobraban os seus bañadores porque o bronceado converteuse na nova tendencia de moda. O deseño de Reard estaba formado por catro triángulos, dous na parte superior e os outros dous na inferior. Da invención desta prenda falamos con Manuel Álvarez Moreira.

Sergio Leirós, o artista redondelán que une graffiti, acuarela e tatuaxe
Do graffiti e a arte mural á ilustración e á tatuaxe. Sergio Leirós, artista de Redondela cunha traxectoria que abrangue diferentes disciplinas artísticas, presenta o seu traballo en acuarela dedicado

