Soledad Chayán, emprendedora, formada en turismo e apaixonada da historia local, está detrás da iniciativa “Redondela Mellor con Guía”, un proxecto que, segundo explica, busca “conectar aos visitantes coa rica historia e cultura de Redondela”. Con moito esforzo e sacrificio a proposta foi espallándose e chegando cada vez a un maior número de público que busca experiencias personalizadas, ofrecendo un servizo próximo e profesional para descubrir Redondela dun xeito ameno e diferente.
Malia que os inicios foron duros, nos que se viu obrigada a compatibilizar este traballo con outros que lle permitían subsistir, pouco a pouco foi sumando percorridos e colaboracións tamén coa administración pública que lle permiten dedicarse exclusivamente a esta oferta turística da que gozan veciños e visitantes.
Como en tantos outros eidos, este sector tan feminizado continúa tendo un teito de cristal porque mentres o traballo de guía está en mans maioritariamente de mulleres, os traballos directivos no sector turístico permanecen nas mans dos homes.
Falamos de todo isto no espazo “As mulleres contan. Percorrrendo o camiño” da Radio Municipal de Redondela en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Cousas de hoxe. Marilyn Monroe
Cando se cumpren cen anos do nacemento de Norma Jeane (1 de xuño de 1926), quen anos despois se convertería en Marilyn Monroe lembramos unha actriz inmortal. Unha muller inesquecible

