Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño: Tania Couñago, mecánica.

Escoita aquí a entrevista completa

Hoxe falamos con Tania Couñago Alonso, mecánica na fábrica de Pescanova. Logo de formarse como administrativa, decatouse de que o traballo de oficina non era o seu. Desde nena gustoulle argallar nos aparellos da casa, polo que a familia animouma a facer o Ciclo Medio de Carrocería. Logo fixo o Ciclo Superior de Automoción. Lembra con agarimo a mestres e compañeiros, maioritariamente homes, pero entre os que se sentía “unha máis”. Traballa desde hai oito anos no departamento de Mantemento e Reparación de Pescanova, na quenda de noite. É a única muller mecánica, pero tamén salienta a boa acollida dos compañeiros e xefes da empresa. A quenda de noite permítelle ademais compatibilizar mellor a súa vida familiar, e pasar máis tempo co seu fillo de ano e medio.

Tania anima a todas as nenas e mozas ás que lle guste a mecánica a que se animen e cursen estes estudos. “Se che gusta tes que loitar por iso, porque vaiche facer feliz”, asegura esta muller de 34 anos.

Esta sección realízase en colaboración coa concellería de Igualdade, para dar voz ás mulleres de Redondela e facer visible o seu traballo e as súas inquietudes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Tatán Cunha

Nunha nova entrega da sección A voz emerxente contamos co histórico, mítico e lendario actor de Redondela Eduardo Alberto Rodríguez Cunha ou Tatán. Falamos da súa participación na película ‘San

Escoitar audio »