Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan: María González Soto

Vinculada ao balonmán dende moi nova – foi xogadora con tan só 12 anos e exerceu tamén de adestradora anos despois- chegou a directiva do Club Balonmán Chapela da man do seu pai, Manuel González Soto, todo un referente no balonmán galego falecido no 2019. Asume a partir dese intre a presidencia do club acompañada dunha directiva que é “todo un matriarcado” xa que son mulleres tamén a secretaria, a tesoureira e a vogal.
Un club que traballa en novos proxectos, como poñer en marcha un equipo de veteranas, equipo que arrancou xa cos seus primeiros adestramentos e que é un exemplo do cambio social das últimas décadas “algo impensable décadas atrás que foran os pais os que quedan cos fillos mentres elas van adestrar, amosa que a mentalidade cambiou para ben nos últimos anos”.
A súa aposta persoal é seguir co espírito do club: traballar coa canteira e que os equipos seniors estean formados polo maior número posible de xogadores e xogadoras procedentes da base.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

As mulleres contan: Soledad Chayán

Soledad Chayán, emprendedora, formada en turismo e apaixonada da historia local, está detrás da iniciativa “Redondela Mellor con Guía”, un proxecto que, segundo explica, busca “conectar aos visitantes coa rica

Escoitar audio »