Yael de Lorenzo Lamas recobiu o primeiro premio do concurso Xuventude Crea 2022, na categoría de Fotografía. Está graduada no Ciclo Formativo de Grao Superior en Fotografía da EASD Antonio Faílde e o xurado seleccionou a súa serie “Mocidade” entre o gran número de participantes. Falamos con ela sobre o futuro profesional da fotografía, os cambios necesarios na educación artística na ESO e Bacharelato e sobre “perder o medo a facer o que te gusta”.

Cousas de hoxe: Heddy Lamarr
O Día internacional do Inventor celébrase o 9 de novembro. Esta celebración coincide co nacemento de Hedy Lamarr, unha muller excepcional, prodixiosa inventora e actriz de Hollywood que certamente levou

