Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Treintañeras Cañeras

Treintañeras Cañeras é unha banda de rock ‘n’ roll formada en Vigo a mediados de 2016. Publicaron o seu primeiro EP “Quenta que salgues” en 2018, baixo a produción de Paco Serén (Piratas) en Eclipsis Studios. Despois dunha tempada xirando en diversos festivais e recibindo diferentes nomeamentos de renome dentro da escena musical galega, lanzan o seu segundo EP, “Cabana Caníbal” (2019). En 2022, co fin das limitacións da pandemia, publican o seu primeiro álbum “Música para el programa de Bertín Osborne”. Con este LP comezan unha xira, coa que pasan polo Festival Millo de verde de Redondela (2023), e presentan o seu estilo propio caracterizado por estar cheo de humor e sarcasmo. O seu obxectivo principal é facer música, pero tamén levantar polémica alí a onde van.
Falamos con Óscar, baixista da formación, sobre o lanzamento do próximo disco en 2024 e o single de presentación “BABYEXPRESS”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp