Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Silvia Penas – poeta

Foto de Pablo Vázquez

Silvia Penas é unha poeta, creadora artística e performer galega galardoada co premio Follas Novas do libro Galego na categoría de poesía co poemario “Retratos de vodas, partos e funerais” (Galaxia). Falamos con ela da súa participación na Feira do Libro de Redondela e tamén da súa prensa este sábado 6 de xullo na Feira do Libro de Vigo, onde estará xunto con Samuel Merino para interpretar o espectáculo poético a dúas voces Man a Man.

Recomenda a compañeiras e compañeiros de profesión que tamén poderemos atopar na Feira do Libro de Vigo ata o 7 de xullo e cos que “acertas sempre”.

  • “Diarios/1 Azul Monforte” de Antón Lopo (Espiral Maior).
  •  “Trans0” de Branca Trigo (Edicións Malafera).
  • “chairas sucesións” de Oriana Méndez (Chan da pólvora).
  • “Claustro corda comensal” de Samuel Merino (Galaxia).
  • “Enxertos” de Dores Tembrás Campos (Apiario).
  • “Poesía reunida. Volumen VII (Sonora)” de Chus Pato (Ultramarinos).
  • “O teu perfil na miña sombra” de Rexina Vega (Galaxia).
  • “A boca da sombra” de Emma Pedreira (Aira).

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria do ano 2023 en Galicia, destacaron como a mellor obra do ano, na categoría de Poesía “Retratos de vodas, partos e funerais”, de Silvia Penas. A poeta ofrece un retrato persoal, no que destaca a fuxida. Unha poesía marcada pola sororidade, na que a voz poética é quen de mirarse noutras mulleres, que esparexen a memoria e o herdo, a beleza e a escuridade da ferida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp