Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Sara Valcárcel

Sara Valcárcel (A Estrada, 1994) é unha ilustradora e creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto “Noaltodopoleiro”, unha Marca de deseño e estampado de bolsas de tea.
Como ilustradora conta cun extenso catálogo que abrangue dende literatura infantil ata xuvenil. O seu último proxecto, estreado no mes de outubro, chámase “Xe”.

Xe , é un libro de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser. Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal.

No ámbito editorial, tamén ilustrou “O libro secreto da filosofía”, de José Carou (Editorial Galaxia, 2023), “Xe”, de Lara Boubeta Bamio (Editorial Galaxia, 2023), “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021),  “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).
 

#Noaltodopoleiro

Instagram: Sara Valcárcel

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Luís Crespo

Onda Torrella presenta un programa especial en honra ao XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo). Contamos co seu director Luís Crespo. O dramaturgo trae aos micrófonos

Escoitar audio »