Preto de chegar aos 2000 seguidores, o creador de Redondela 2022 decide dar un xiro á conta e transformala co obxectivo de consolidar un portal cultural sobre Redondela enfocado a poñer en valor a nosa tradición e achegala á xente nova. David Crespo achégase aos micrófonos de Radio Redondela para contarnos a experiencia que tivo co proxecto durante o último ano e adiantarnos novidades coas que seguirá avanzando en @redondelizate .

Farmacia de Garda: Crise de subministración de terapia de substitución hormonal
Nova entrega do espazo «Farmacia de garda» na Radio Municipal de Redondela. Como cada mes, recibimos nos nosos micrófonos unha profesional farmacéutica do noso concello para abordar cuestións relacionadas coa

