Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Raquel Fernández – Historiadora

Nunha nova entrega da sección ‘A voz emerxente’ contamos con Raquel Fernández, historiadora de Soutomaior, para falar do seu documental “María a das mil flores” realizado xunto coa directora Coral Piñeiro (Dores, 2020) en colaboración co Concello de Soutomaior. A peza conta a vida da tamén coñecida como María “A Coxa”, nacida a comezos de século e modista de profesión. Unha muller emblemática en Soutomaior e que rompeu estereotipos a través da súa forma de ser e do seu traballo.
“María a das mil flores” (2024).

Conta con outro traballo audiovisual chamado “Infinitas”. Un documento que conta a realidade do que era, e do que segue sendo, ser muller. Unha peza que retrata os retos e desafíos de tantas profesionais, pero que tamén pon cara a aquelas mulleres que souberon facerlles fronte.

“Infinitas” (2022).

Ademais, Raquel dedícase a divulgar figuras femininas importantes na nosa historia a través da conta de instagram: @mulleresgalegas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp