Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Miguel Ángel Delgado director de ‘San Simón’

Foto do director, cedida.

Nesta nova entrega da sección “A voz emerxente” contamos con Miguel Ángel Delgado, director da película  ‘San Simón’. Un filme de ficción baseado na historia real do que aconteceu no pequeno arquipélago redondelán composto pola Illa de San Simón e a de San Antón durante a represión franquista. Conversamos sobre os detalles da trama e a experiencia de gravar neste “escenario máxico”, ademais de adiantar a participación dos actores redondeláns Eduardo Alberto Rodríguez Cunha / ‘Tatán’ e Miguel Borines e Andrés Giráldez.

Agradece a acollida do Concello de Redondela e de toda a xente que fixo posible a rodaxe. Sinala que “lle gustaría poder estreala ao longo de 2025’, porque a rodaxe ten previsto o seu final a mediados de abril e despois “espera un longo traballo de posproducción”.

Destacar que a película está producida por Miramemira Films, encargada de filmes de renome como “O que arde” (Óliver Laxe, 2019) ou “O Corno” (Jaione Camborda, 2023).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Seitura

A banda punk rock Seitura , gañadora do concurso de maquetas do Millo verde, estará no festival redondelán o venres 7 de xuño xunto con outros grupos do panorama galego

Escoitar audio »